O QUE LEVAMOS FEITO DURANTE ESTES DOUS ANOS…

Posted on decembro 23, 2007 - Filed Under Actividades | Leave a Comment

Ao longo dos dous últimos anos algúns dos invitados que acudiron a realizar unha ou máis dunha sesión no Seminario, foron:

Xoan-Luis Pintos, profesor catedrático da Facultade de Ciencias Políticas da USC, baixo o título “Saber, poder e outros imaxinarios” inspirado na teoría sistémica de Niklas Luhmman, e outra sesión sobre “Actualidade da Escola de Frankfurt”;

Enrique Carretero, profesor de secundaria, na sesión “O pensamento sociolóxico de Maffesolí”, expoñendo o contido do seu libro de recente publicación sobre o sociólogo francés;

Teresa Moure, profesora catedrática na facultade de Filoloxía da USC, co tema “Feminismo, linguaxe e crítica da sociedade”;

Luis García Soto, profesor catedrático e decano da Facultade de Filosofía da USC abordando o tema do seu libro “Paz, guerra e violencia”, no que aborda exhaustivamente o tema da violencia, especialmente poñéndoo en relación co concepto de estructura;

Rafael Martínez, profesor catedrático da Facultad de Filosofía da USC, nunha sesión
sobre “Feminismo e Ilustración” na que expuso a súa concepción do feminismo como radicalización do pensamiento ilustrado;

Manuel Outeiriño, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, cunha sesión sobre “A construcción da realidade polos medios de comunicación”, e outra co título “Movilización de masas”, na que expuso a súa teoría aparecida recientemente en varias publicacións sobre o nacionalismo banal;

Jorge Álvarez Yagüez, profesor de ensinanza secundaria, que baixo o título “Conexiones entre Foucault e a Escola de Frankfurt” tratou de temas sobre os que ten numerosas publicacións;

Carlos Allones, profesor da Facultade de Ciencias Políticas da USC (e membro do Seminario), “Sobre a teoría da plusvalía de Marx”, sesión na que explicou os elementos principais desa teoría e defendeu a súa vixencia.

Julio Monteverde e Eugenio Castro, membros do Grupo Surrealista de Madrid, cunha sesión sobre "Muller e Surrealismo", na que se analizou o protagonismo da muller no movemento de vangarda.

Chuzame! chúzame -