O QUE LEVAMOS FEITO ESTE CURSO…

Posted on decembro 24, 2007 - Filed Under Actividades | 1 Comment

Cine e Sociedade: O taxista ful

O pasado Mércores 12 de decembro proxectouse no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, a película O taxista ful (2005). Despois fíxose un debate sobre a mesma. Aquí tendes o trailer:

O día 4 de decembro tivo lugar na facultade de filosofía a charla-coloquio: Pensamento e sociedade na Teoría Crítica.Nesta sesiíon discutiuse o problemático papel das categorías de pensamento da tradición moderna; en canto necesarios puntos de apoio para a crítica social e, á vez, insertas en función de ideoloxías que contribúen á reproducción da orde dada, e polo tanto da dominación. Reflexionouse sobre a relectura da filosofía de Marx levada a cabo pola Escola de Frankfurt, atendendo a se aporta unha base adecuada para a reconceptualización e a transformación da sociedade.

O mércores 14 de novembro organizouse a charla-coloquio: Liberalismo político, feminismo e transformación social

Nesta sesión abordouse a reflexión entorno á construcción social da identidade de xénero e da diferencia sexual, as formas de opresión que fai recaer sobre as mulleres, as constricciíons que impón sobre todos os individuos no seu proceso permanente de socialización o seu vencello coa perpetuación da estructura social. No diálogo tratouse asímesmo a aportación da conceptualización liberal e das deficiencias en canto ofrecer unha crítica radical dos sistemas de dominación existentes e polo tanto unha vía de acción transformadora. Esta xornada contou coa colaboración de María Xosé Agra, profesora da Facultade de Filosofía da USC e autora de diversos textos sobre teoría política e feminismo.

Chuzame! chúzame -