O QUE LEVAMOS FEITO ESTE CURSO…
Posted on decembro 24, 2007 - Filed Under Actividades |
Cine e Sociedade: O taxista ful

O pasado Mércores 12 de decembro proxectouse no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, a película O taxista ful (2005). Despois fíxose un debate sobre a mesma. Aquí tendes o trailer:
O día 4 de decembro tivo lugar na facultade de filosofía a charla-coloquio: Pensamento e sociedade na Teoría Crítica.Nesta sesiíon discutiuse o problemático papel das categorías de pensamento da tradición moderna; en canto necesarios puntos de apoio para a crítica social e, á vez, insertas en función de ideoloxías que contribúen á reproducción da orde dada, e polo tanto da dominación. Reflexionouse sobre a relectura da filosofía de Marx levada a cabo pola Escola de Frankfurt, atendendo a se aporta unha base adecuada para a reconceptualización e a transformación da sociedade.
O mércores 14 de novembro organizouse a charla-coloquio: Liberalismo político, feminismo e transformación social
Nesta sesión abordouse a reflexión entorno á construcción social da identidade de xénero e da diferencia sexual, as formas de opresión que fai recaer sobre as mulleres, as constricciíons que impón sobre todos os individuos no seu proceso permanente de socialización o seu vencello coa perpetuación da estructura social. No diálogo tratouse asímesmo a aportación da conceptualización liberal e das deficiencias en canto ofrecer unha crítica radical dos sistemas de dominación existentes e polo tanto unha vía de acción transformadora. Esta xornada contou coa colaboración de María Xosé Agra, profesora da Facultade de Filosofía da USC e autora de diversos textos sobre teoría política e feminismo.
chúzame - Comments
One Response to “O QUE LEVAMOS FEITO ESTE CURSO…”
Leave a Reply
A min pareceume unha sesión extraordinaria. A película, xenial. Abriunos moitas perspectivas para o debate. Pechamos un bar de tanto falar, non se pode pedir máis.
Creo que foi unha boa idea o de incluír unha proxección unha película para as nosas sesión de seminario. Haberá que programar un ciclo de cine con películas desas que despertan o pensamento.
Agora hai que esperar que saia ben o Encontro.