I ENCONTRO COMPOSTELÁN DE PENSAMENTO CRÍTICO
Posted on decembro 25, 2007 - Filed Under Actividades, I Encontro |
Estamos a traballar nun encontro que comezará o mes de xaneiro coa visita a Compostela de Santiago López Petit, profesor da Universitade de Barcelona. A súa charla levará o título de O querer vivir como desafío. Nela fará un resume do seu pensamento ata o de agora e un adianto da súa publicación Será unha oportunidade para coñecer de preto a un dos pensadores máis relevantes do panorama filosófico actual.
S. López Petit é autor de varios libros: Entre el ser y el poder. Una apuesta por el querer vivir (Madrid, Siglo XXI, 1994); Horror vacui. La travesía de la noche del siglo?(Madrid, Siglo XXI, 1996); El infinito y la nada: el querer vivir como desafío?(Barcelona, Bellaterra, 2003); El estado-guerra (Hondarribia, Argitaletxe Hiru, 2003) e Amar y pensar. El odio de querer vivir?(Barcelona, Bellaterra, 2005).Esta charla-coloquio terá lugar en Compostela o día 16 de xaneiro de 2008, ás 18h na Facultade de Filosofía (Mazarelos).
chúzame - Comments
2 Responses to “I ENCONTRO COMPOSTELÁN DE PENSAMENTO CRÍTICO”
Leave a Reply
Estou ansiosa de que comece o Encontro. A visita deste autor supón unha boa oportunidade para ver que se coce no outro lado do estado. Que teña a amabilidade de vir e ademais adiantarnos sobre o que estᠥscribindo actualmente, é todo un regalo. Espero que a afluencia de xente sexa boa e o debate posterior, gratificante.
Eu tiven ocasión de asistir a un coloquio con Petit fai dous anos, e podo asegurar que unha auténtica burrada, unha capacidade expositiva extraordinaria, unha amplitude de miras esteparia, é como unha droga, unha vez que o probas necesitas máis.