CHARLA O QUERER VIVIR COMO DESAFÍO EN .DOC
Posted on xaneiro 31, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment
O prometido é deuda. Xa está feita a transcrición da conferencia do pasado 16 de xaneiro, O querer vivir como desafío, que deu o profesor Santiago López Petit. Podédela descargar aquí, en .doc.
chúzame - MARTES 19 DE FEBREIRO
Posted on xaneiro 27, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment
O martes día 19 de febreiro, terá lugar a segunda charla-coloquio do I Encontro de Pensamento Crítico de Compostela, a cargo do profesor da Facultade de Historia José Carlos Bermejo Barrera. O título da súa charla será La traición de los profesores y la pérdida de la dignidad académica.

Aquí tendes a súa charla en formato word para que lle poidades botar un ollo.
chúzame - ACTAS DA CHARLA-COLOQUIO: O QUERER VIVIR COMO DESAFÍO
Posted on xaneiro 23, 2008 - Filed Under Actividades, I Encontro | Leave a Comment
Se de alguén nos pedise que, nunha palabra, se resumise a primeira xornada do I Encontro Compostelán de Pensamento Crítico, esta podería ser: éxito. Pola afluencia de xente (ao redor de sesenta personas) que nos fixo mudarnos da Sala de Xuntas a unha clase; pola interesantísima charla do noso convidado de luxo: Santiago López Petit; polo debate que se abriu á luz da mesma. Os esforzos levados a cabo pola organización do I Encontro foron pois satisfeitos en todos os sentidos.
Aquí ofrecémosvos a charla completa en audio (a calidade de son non é excesivamente boa). En breve trataremos de facer a transcripción para que a poidades descargar desde este mesmo blogue.
Grazas a todos os que nos déchedes o voso apoio incondicional. E, especialmente a Santiago pola súa amabilidade de facernos esta visita que quedará no noso recordo por longo tempo.
Recórdovos que a vindeira xornada deste Encontro terá lugar o día 19 de febreiro ás 17h, na facultade de filosofía, a cargo do profesor da Facultade de Historia José Carlos Bermejo. En breve colgaremos a súa comunicación.
Charla-coloquio O querer vivir como desafío (16-01-08)
Aula 1 Facultade de Filosofía da USC
chúzame - MÉRCORES 16 DE XANEIRO
Posted on xaneiro 11, 2008 - Filed Under Actividades, I Encontro | 1 Comment
O vindeiro mércores, día16 terá lugar a charla-coloquio O querer vivir como desafío a cargo de Santiago López Petit, ás 18h na Facultade de Filosofía da USC.
?
chúzame - TEXTOS NA REDE DE SANTIAGO LÓPEZ PETIT
Posted on xaneiro 1, 2008 - Filed Under Actividades, I Encontro | Leave a Comment
Preparando a visita de Santiago López Petit pensamos que nada millor que ter un primeiro acercamento ao autor a través dos seus textos.
Aquí recollénse tres artigos de Santiago López Petit que atopamos na rede, por ende, de balde.
-Algunas reflexiones muy provisionales sobre la precariedad.
-No hay sino respuestas a respuestas (con Marina Garcés).
-La subversión del Estado-guerra.
Na biblioteca da Facultade de Filosofía da USC hai dous exemplares de Entre el ser y el poder: una apuesta por el querer vivir e un de Amar y pensar. El odio del querer vivir.
Recordade que teremos a oportunidade de falar con el o vindeiro 16 de xaneiro, ás 18h, na Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos).
chúzame - 