Charla-coloquio en torno ás drogas

Posted on marzo 28, 2008 - Filed Under Actividades | 1 Comment

O noso compañeiro Diego Lubián, fará o vindeiro mércores 2 de Abril, ás 19h, unha exposición da lectura da obra de Escohotado acerca da Historia das drogas. Será no seminario 331 da Facultade de Filosofía. Estades todos convidados. 

O Seminario de Estudos Críticos de Compostela volta á actividade organizando esta charla-coloquio para tratar o asunto do uso das substancias psicoactivas e as súas consecuencias. Empregadas durante moito tempo para intensificar encontros, curar, morrer sen sufrimento e comunicarse coas divinidades, nas sociedades modernas os phármakon foron separados en “drogas” ilegais e “medicamentos” revestidos de autoridade. Esta escisión, a gama de substancias empregadas nun e noutro caso, a súa calidade e o seu modo de uso, obedeceu a estratexas políticas e formas de control que, sobre as condicións de vida da sociedade industrializada e consumista, deron lugar ós fenómenos de drogodependencia contemporáneos, clínica e socialmente inauditos na historia, e a unha das vías máis eficaces para crebar resistencias e perpetua-la dominación.

Podedes ler un resumo da charla aquí.

Chuzame! chúzame -