Charla-coloquio en torno ás drogas
Posted on marzo 28, 2008 - Filed Under Actividades |
O noso compañeiro Diego Lubián, fará o vindeiro mércores 2 de Abril, ás 19h, unha exposición da lectura da obra de Escohotado acerca da Historia das drogas. Será no seminario 331 da Facultade de Filosofía. Estades todos convidados.
O Seminario de Estudos Críticos de Compostela volta á actividade organizando esta charla-coloquio para tratar o asunto do uso das substancias psicoactivas e as súas consecuencias. Empregadas durante moito tempo para intensificar encontros, curar, morrer sen sufrimento e comunicarse coas divinidades, nas sociedades modernas os phármakon foron separados en “drogas” ilegais e “medicamentos” revestidos de autoridade. Esta escisión, a gama de substancias empregadas nun e noutro caso, a súa calidade e o seu modo de uso, obedeceu a estratexas políticas e formas de control que, sobre as condicións de vida da sociedade industrializada e consumista, deron lugar ós fenómenos de drogodependencia contemporáneos, clínica e socialmente inauditos na historia, e a unha das vías máis eficaces para crebar resistencias e perpetua-la dominación.
Podedes ler un resumo da charla aquí.
chúzame - Comments
One Response to “Charla-coloquio en torno ás drogas”
Leave a Reply
Curiosamente os anglofalantes manteñen o termo “drug” para denominar tanto o ás drogas legais como as ilegais. É a FDA (Food and Drug Administration) a encargada de exercer as medidas de control sobre cales son as drogas que se deben tomar nos Estados Unidos e por extensión no resto do mundo. A función de control das drogas de prescripción comeza en idades cada vez máis temperás. A mesma anfetamina que melloraba a efectividade dos pilotos na Segunda Guerra Munidal, serve ahora para correxir as “conductas disruptivas” de nenos cada vez máis novos etiquetados, patoloxidados e marxinalizando as súas conductas co diagnostico de hiperactividade e déficit atencional, en favor de comportamentos uniformados.