Audio de “A EXPERIENCIA DO PENSAR”

Publicado o novembro 17, 2008 - Arquivado en Actividades | Escribe un comentario

Aquí tendes os audios da charla-coloquio que tivo lugar o pasado 10 de novembro na Facultade de Filosofía:

Basilio Lorenzo_10_11_08.mp3

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Resumo da charla-coloquio: “A EXPERIENCIA DO PENSAR”(10/11/08)

Publicado o novembro 16, 2008 - Arquivado en Actividades | 1 Comentario

 
Baixo este título, Basilio Lorenzo ofreceu un percorrido a través dalgúnhas das problemáticas sobre as que gravita a filosofía contemporánea. Como lector de Heidegger (Basilio é, de feito, un extraordinario coñecedor da filosofía deste autor imprescindíbel), interesouse pola súa desanexión entre o concepto de filosofía e o concepto de pensamento. Así cabe formular a experiencia da crise da filosofía, a fin da filosofía, sen identificalo con ningún tipo de naufraxio no esforzo do pensar, senón co momento no que pensar doutra maneira, distinta á que puxeron en práctica os diversos sistémas filosóficos ata hoxe, é posibel e necesario. É a tarefa do pensar a que está en xogo, mais xa non dentro da filosofía: é entón cando pensar paga a pena. Entón é cando se pensa para o futuro, para aqueles que están por vir. Segundo expuxo o propio Heidegger, esto conleva certas renuncias con respecto a aquelo que se supoñía como as metas ou características inherentes ao pensamento, pero que nonn era máis que as cargas que a tradición filosófica lle puxo enriba: ser ciencia, descifrar enigmas, fornecer de sabedoría, dirixir directamente a acción. A renuncia a estas pautas favorece a distancia fronte ás filosofías dogmáticas habidas ata agora. Basilio Lourenzo contempla que esta noción da fin da filosofía, tan gravemente desenvolta polo filósofo de Ser e Tempo, pode rastrexarse noutras correntes e autores. Así, na súa exposición fixo unha insólita interpretación das ideas marxianas á luz da problemática heideggeriana. O máis decisivo de Marx, a posta da teoría no plano mesmo da práctica transformadora, é o que cabe hoxe reactualizar; sen esquecer que a aspiración de toda a historia da filosofía, expresada de modo culminante polo Idealismo de Hegel, a autoconciencia do espírito, non é nada que xa sucedera, e que xa sucedera na mente dos filósofos. É algo que está por realizar, no mundo real da práctica: é a revolución. É este trance o que se pode por en relación coa fin da filosofía. Na corrente do positivismo, en figuras contemporáneas coma as de Wittgenstein ou Gödel, tamén se chegou, pola súa propia vía, a esta experiencia da fin da filosofía e a relativización do concepto de verdade.
Pero este trasfondo filosófico non esgota por sí mesmo o coñecemento de Basilio Lorenzo, e ó longo do Seminario volcou estas cuestións conceptuais na análise da actualidade inmediatamente percibida por todas e todos: desmontou o discurso económico que semella ser o que expresa tódalas cuestións sociais que nos ocupan, revelou que tal discurso funciona dun modo totalizador e pretendidamente autónomo, cando o que cabe asumir, tomando distancia coa historia da filosofía xa pasada, é unha forma de interdisciplinariedade no que o discurso de cada disciplina e de cada ámbito ten que deixarse enriquecer e modificar por outros. Así, tamén os problemas de economía amosan un calado antes non imaxinado, e que os fai deixar de ser específicamente económicos.
 
Estas son as cuestións que Basilio Lorenzo despregou na súa charla e na súa conversa no Seminario, co que se puxeron en acción as dificultades do pensar, pero tamén a súa fecundidade. Nunha próxima sesión, chegará aínda máis lonxe esta tensión, esta ambigüidade. Non é outra que a da experiencia do pensar, provocada en cada ocasión na que, como nesta que acaba de ter lugar, as persoas xúntanse e falan, xúntanse e falan dun modo tal que inesperados problemas aparecen.      

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CHARLA-COLOQUIO 10/11/08: A EXPERIENCIA DO PENSAR

Publicado o novembro 6, 2008 - Arquivado en Actividades | Escribe un comentario

Convídase a todas aquelas persoas que queiran participar na discusión a esta actividade organizada por estudantes, que ten como propósito promover o debate necesario para a elucidación teórica de cuestións en torno á práctica social.

Basilio Lorenzo é filósofo e escritor. Parte dunha sólida comprensión da filosofía de Heidegger, do seu esforzo de pensar o pensado, de remover a historia do pensamento. Asimesmo, estivo involucrado en diversas experiencias de loita social e de asemblearismo, particularmente na cidade de Vigo, onde soubo contrastar a potencia do discurso filosófico coas dificultades concretas para a acción emancipadora.

O acto celebrarase o luns 10 de novembro ás 19h, no seminario 330 (terceiro andar canda o ascensor), Facultade de Filosofía (Mazarelos).

 

 

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Charla-coloquio en torno ás drogas

Publicado o marzo 28, 2008 - Arquivado en Actividades | 1 Comentario

O noso compañeiro Diego Lubián, fará o vindeiro mércores 2 de Abril, ás 19h, unha exposición da lectura da obra de Escohotado acerca da Historia das drogas. Será no seminario 331 da Facultade de Filosofía. Estades todos convidados. 

O Seminario de Estudos Críticos de Compostela volta á actividade organizando esta charla-coloquio para tratar o asunto do uso das substancias psicoactivas e as súas consecuencias. Empregadas durante moito tempo para intensificar encontros, curar, morrer sen sufrimento e comunicarse coas divinidades, nas sociedades modernas os phármakon foron separados en “drogas” ilegais e “medicamentos” revestidos de autoridade. Esta escisión, a gama de substancias empregadas nun e noutro caso, a súa calidade e o seu modo de uso, obedeceu a estratexas políticas e formas de control que, sobre as condicións de vida da sociedade industrializada e consumista, deron lugar ós fenómenos de drogodependencia contemporáneos, clínica e socialmente inauditos na historia, e a unha das vías máis eficaces para crebar resistencias e perpetua-la dominación.

Podedes ler un resumo da charla aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CHARLA-COLOQUIO DE JOSÉ CARLOS BERMEJO BARRERA

Publicado o febreiro 10, 2008 - Arquivado en Actividades, I Encontro | 1 Comentario

I Encontro Compostelán de Pensamento Crítico 2008 

José Carlos Bermejo Barrera é Catedrático de Historia Antigua en la Universidad de Santiago de Compostela, onde imparte as asignaturas Métodos e tecnicas de investigación histórica I, Tendencias historiográficas actuais I e Investigación básica na historia de Grecia.

É autor de numerosos artigos e libros, entre os que destacamos:
La sociedad en la Galicia Castreña, Santiago de Compostela, Follas Novas, 1978
Introducción a la Sociología del Mito Griego, Ediciones Akal, Madrid, 1979
Mito y parentesco en la Grecia Arcaica, Editorial Akal, Madrid, 1980
Galicia y los Griegos, Sálvora: Santiago de Compostela, 1982
Psicoanálise do coñecemento histórico, Edicións do Castro: Sada-A Coruña, 1982
O Final da Historia: Ensaio de Historia Teórica, Edicións Xerais de Galicia: Vigo, 1986
El Mito griego y sus interpretaciones, Ediciones Akal, Madrid, 1988
Fundamentación lógica de la historia. Introducción a la historia teórica, Ediciones Akal, Madrid, 1991
Entre historia y filosofía, Ediciones Akal, Madrid, 1994.
Pensa-la Historia. Ensaios de Historia Teórica, Edicions Ir-Indo,Vigo,2000
Sobre la Historia considerada como poesía, Ediciones Akal, Madrid 2005
Ciencia, Ideología y Mercado, Ediciones Akal, Madrid 2006
Moscas en una botella: cómo dominar a la gente con palabras,Ediciones Akal, Madrid 2007
La Aurora de los enanos: decadencia y caída de las universidades europeas, Ediciones FOCA, Madrid 2007
¿Para que serve a Historio de Galicia?, Lóstrego, Santiago 2007

O martes 19 de febreiro dará unha charla baixo o título A traición dos profesores e a perda de dignidade académica, onde fará unha análise dos cambios producidos no ámbito da universidade europea e sinalará as causas da súa decadencia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

PROXECCIÓN DE MARAT-SADE, O 12 DE FEBREIRO

Publicado o febreiro 3, 2008 - Arquivado en Actividades, Cine | Escribe un comentario

maratsade2.jpgEscea da pelãula

Dentro do ciclo de cine CINE E SOCIEDADE, o vindeiro martes 12 de febreiro proxectarase no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC, Marat-Sade.

Director: Peter Brook Nacionalidade: Reino Unido Ano: 1967 Reparto: Patrick Magee (Marqués de Sade), Ian Richardson (Jean-Paul Marat), Glenda Jackson (Charlotte Corday).
Baseada nunha obra de Peter Weiss, o título orixinal é Persecución e asasinato de Jean-Paul Marat representados polo  grupo teatral da casa de saúde de Charenton baixo a direción do señor de Sade. O marqués de Sade, encerrado no hospital psiquiátrico de Charenton, dirixe unha obra teatral, representada polos propios enfermos, na que se recrea a morte do xacobino Jean-Paul Marat. Peter Weiss leva a cabo nesta obra unha magnífica reflexión sobre a revolución, a libertade individual e a violencia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

ACTAS DA CHARLA-COLOQUIO: O QUERER VIVIR COMO DESAFÍO

Publicado o xaneiro 23, 2008 - Arquivado en Actividades, I Encontro | Escribe un comentario

Se de alguén nos pedise que, nunha palabra, se resumise a primeira xornada do I Encontro Compostelán de Pensamento Crítico, esta podería ser: éxito. Pola afluencia de xente (ao redor de sesenta personas) que nos fixo mudarnos da Sala de Xuntas a unha clase; pola interesantísima charla do noso convidado de luxo: Santiago López Petit; polo debate que se abriu á luz da mesma. Os esforzos levados a cabo pola organización do I Encontro foron pois satisfeitos en todos os sentidos.
Aquí ofrecémosvos a charla completa en audio (a calidade de son non é excesivamente boa). En breve trataremos de facer a transcripción para que a poidades descargar desde este mesmo blogue.

Grazas a todos os que nos déchedes o voso apoio incondicional. E, especialmente a Santiago pola súa amabilidade de facernos esta visita que quedará no noso recordo por longo tempo.

Recórdovos que a vindeira xornada deste Encontro terá lugar o día 19 de febreiro ás 17h, na facultade de filosofía, a cargo do profesor da Facultade de Historia José Carlos Bermejo. En breve colgaremos a súa comunicación.

i-encontro-compostelan-de-pensamento-critico-slpetit.jpg 

 

Charla-coloquio O querer vivir como desafío (16-01-08)

Aula 1 Facultade de Filosofía da USC

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MÉRCORES 16 DE XANEIRO

Publicado o xaneiro 11, 2008 - Arquivado en Actividades, I Encontro | 1 Comentario

O vindeiro mércores, día16 terá lugar a charla-coloquio O querer vivir como desafío a cargo de Santiago López Petit, ás 18h na Facultade de Filosofía da USC.?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

TEXTOS NA REDE DE SANTIAGO LÓPEZ PETIT

Publicado o xaneiro 1, 2008 - Arquivado en Actividades, I Encontro | Escribe un comentario

Preparando a visita de Santiago López Petit pensamos que nada millor que ter un primeiro acercamento ao autor a través dos seus textos.

Aquí recollénse tres artigos de Santiago López Petit que atopamos na rede, por ende, de balde.

-Algunas reflexiones muy provisionales sobre la precariedad.

-No hay sino respuestas a respuestas (con Marina Garcés).

-La subversión del Estado-guerra.

Na biblioteca da Facultade de Filosofía da USC hai dous exemplares de Entre el ser y el poder: una apuesta por el querer vivir e un de Amar y pensar. El odio del querer vivir.

Recordade que teremos a oportunidade de falar con el o vindeiro 16 de xaneiro, ás 18h, na Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

I ENCONTRO COMPOSTELÁN DE PENSAMENTO CRÍTICO

Publicado o decembro 25, 2007 - Arquivado en Actividades, I Encontro | 2 Comentarios

Estamos a traballar nun encontro que comezará o mes de xaneiro coa visita a Compostela de Santiago López Petit, profesor da Universitade de Barcelona. A súa charla levará o título de O querer vivir como desafío. Nela fará un resume do seu pensamento ata o de agora e un adianto da súa publicación Será unha oportunidade para coñecer de preto a un dos pensadores máis relevantes do panorama filosófico actual.

S. López Petit é autor de varios libros: Entre el ser y el poder. Una apuesta por el querer vivir (Madrid, Siglo XXI, 1994); Horror vacui. La travesía de la noche del siglo?(Madrid, Siglo XXI, 1996); El infinito y la nada: el querer vivir como desafío?(Barcelona, Bellaterra, 2003); El estado-guerra (Hondarribia, Argitaletxe Hiru, 2003) e Amar y pensar. El odio de querer vivir?(Barcelona, Bellaterra, 2005).Esta charla-coloquio terá lugar en Compostela o día 16 de xaneiro de 2008, ás 18h na Facultade de Filosofía (Mazarelos).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google Seguir mirando »