RESUMO DAS CHARLAS-COLOQUIO ACERCA DA HEXEMONÍA E SOCIEDADE CIVIL (MAIO 2008)

Posted on maio 22, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment

As complicadas orixes e primeiros desenvolvementos do concepto de sociedade civil dentro do liberalismo é o tema da primeira conferencia do profesor Jorge Luis Acanda.

O punto de partida consiste en advertir as dificultades de enfrontar ao liberalismo pola proclividade a valoralo dende os mesmos postulados liberais -en prexuízo da crítica ideolóxica- e por estar ante un movemento que non se esgota no plano teórico senón implicado en experiencias políticas diversas ao longo dos seus catro séculos de historia. Facer caso omiso do anterior, explícanos, posibilita identificacións como aquela de "democracia liberal", artificio que condecora a todo un panteón de pensadores coa distinción de demócratas, a pesar de que unha boa parte, ante a Restauración, críanse abrigo antimonárquicos.

Dentro dunha perspectiva materialista, afirma que o liberalismo xorde como a primeira expresión dos intereses da burguesía, clase no século XVII revolucionaria, en tanto propoñía unha interpretación desteoloxizada do Estado, a sociedade e o individuo, ao tempo que presentaba o seu proxecto como o racional, se ben sublimaba as lóxicas do mercado capitalista en patrón das forma de convivencia. Pero aínda máis, o liberalismo non é só unha ideoloxía destinada a deslexitimar un ordenamento e propoñer outro, en opinión de Acanda, estamos ante un episteme, un xeito de pensar o individuo, á sociedade e ao propio coñecemento, orgánica aos procesos de racionalización inherentes á modernidade, e que provocará efectos como o individualismo atomizado, a concepción xendarmista do Estado ou o positivismo científico, respectivamente.

Sobre o concepto de sociedade civil, insiste que este goza de esplendor dentro do liberalismo na súa etapa revolucionaria, como modelo dunha sociedade -civilizada por basearse nas relacións contractuais- que pretende disolver as estruturas despóticas feudais -reino da arbitrariedade e a violencia. Coa idea da sociedade civil, en definitiva apúntase un xeito diferente de organizar todas as relacións sociais que encarne os valores indispensables á reprodución do capital.  Tal sociedade civil revelarase a Hegel explosiva, quen xulga oportuno separar dela o Estado, como unha instancia ética capaz de aliviar conflitos.  Así culmina o primeiro ciclo de existencia deste concepto, abandonado cando as revolucións burguesas europeas por fin transformaron o seu modelo social en realidade efectiva. Os debates ao interior do liberalismo envorcáronse entón ao problema da igualdade e a democracia. Logo dunha longa paréntese que abrangueu todo o século XIX e as primeiras tres décadas do XX, é un comunista italiano, Antonio Gramsci, quen reflota o concepto de sociedade civil. Non obstante, non foi a súa reinterpretación a prevaleciente. Se en algo nos resulta familiar é máis probable -considera Acanda na súa segunda conferencia- que se deba á resignificación abrupta que lle impón unha nova dereita e un pensamento neoconservador, os primeiros voceros do cal foron Margaret Thatcher e Ronald Reagan, iniciadores dunha escalada demonizadora do Estado que aducía a súa probada ineficiencia con respecto á empresa privada, ou ao uso que tivo nos países comunistas do Leste para impulsar un tecido asociativo hostil á hipertrofia estatal, ou quizais por asociación cos movementos sociais que dende os 70 ´ s empezan a aparecer en América Latina para facer fronte a unha novo tipo de ditaduras decididas a desmantelar as funcións redistributivas, aínda que tamén se aplicou ás formas asociativas que a dereita crease para fortalecer a súa hexemonía en alianza con sectores relixiosos concretos. En todos os casos, atopa a coincidencia de concibir a sociedade civil como un sector da sociedade, o da asociatividade libre apolítica, que se acha en permanente enfrontamento co Estado, logo o fortalecemento dun suporá o debilitamento proporcional do seu contrario. Considera o profesor cubano que a devandita interpretación é unha ruptura total co modo primigenio en que o liberalismo utilizou o concepto, moito máis restritivo que aquel, en tanto remata como sinónimo de ong´s.

En cambio, a lectura gramsciana, dende o marxismo, resulta moito máis abarcadora, en tanto aproveita a tese liberal de que nas formas prácticas de organizar as relacións sociais se (re)produce a civilidad, isto é os valores e as representacións que reforzan ou socavan un ordenamento. Gramsci, explícanos, contempla a expansión do fascismo, fenómeno que puxo de relevo o importante compoñente cultural da dominación clasista, e edifica a propósito o seu concepto de hexemonía. No seu sistema teórico tal concepto anóase ao de sociedade civil para ofrecer unha comprensión máis ampla do estado e a política, dos mecanismos sociais de produción e reprodución do poder que na etapa moderna superaron o represivo para precipitarse nunha densa rede de axencias socializadoras, esparexidas entre as escolas, os sindicatos, as oficinas urbanísticas, os medias e muchísimas outras polo común menos sospeitosas. Cara a elas se enfilan as estratexias de dominación no ánimo de facelas funcionais, porque son na actualidade o escenario máis importante da loita política -antes que os Parlamentos, os partidos ou as eleccións- e polo tanto onde tamén deben empeñarse con persistencia revolucionaria as forzas da emancipación.

Chuzame! chúzame -

A HEXEMONÍA E O PROBLEMA DA ENAXENACIÓN (9/05/08)

Posted on maio 17, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment

Aquí tendes o audio da segunda sesión do ciclo de charlas-coloquio I Encontro Compostelán de Pensamento Crítico, que tivo lugar o pasado día 9 de maio.

Acanda_9_05_08.mp3

Chuzame! chúzame -

CONFERENCIA “A APROPIACIÓN LIBERAL DA IDEA DA SOCIEDADE CIVIL” (8/5/08)

Posted on maio 16, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment

jorge-luis-acanda_i-encontro-compostelan-de-pensamento-critico-2008.jpg 

Para comezar, ímosvos deixando os audios das conferencias que tiveron lugar os días 8 e 9 de maio. Nos vindeiros días ofrecerémosvos unha análise das conclusións ás que chegamos trala visita do profesor Jorge Luis Acanda González a Compostela.

Aquí podedes escoitar a primeira das dúas conferencias:
Acanda_8_05_08.mp3

Chuzame! chúzame -

DÍA 8 E 9 DE MAIO, FACULTADE DE FILOSOFÍA

Posted on maio 1, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment

acanda.jpg

Chuzame! chúzame -

I ENCONTRO COMPOSTELÁN DE PENSAMENTO CRÍTICO, MAIO 2008

Posted on maio 1, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment

acanda1.jpg

Os vindeiros días 8 e 9 de maio teremos a sorte de contar coa presenza en Compostela de Jorge Luis Acanda, que nos acompañará nunha dobre sesión de seminario onde poderemos abordar o problema da hexemonía e a sociedade civil.

Imponse facer unha presentación de Jorge Luis Acanda: 

Licenciado en Historia, especializado en Filosofía pola Universidade de La Habana (1978), Doctor en Ciencias Filosóficas na Universidade de Leipzig, Alemania (1988). Profesor Titular do Departamento de Filosofía da Universidade de La Habana. Jorge Luis Acanda é profesor principal da disciplina “Historia do pensamento marxista”. Investiga sobre temáticas da historia do pensamento e problemas contemporáneos, concretamente: as esencias revolucionarias do marxismo, o contradictorio proceso da Revolución Cubana, os posibles vasos comunicantes entre as teorías críticas da  sociedade, e en especial, a teoría gramsciana sobre a sociedade civil –hexemonía, investigación á cal consagrou boa parte da súa vida intelectual. 

Entre as súas obras publicadas destacan: 

-        La contemporaneidad de Antonio Gramsci. Editora Ciencias Sociales, La Habana, 1991.

-        Sociedad Civil y Hegemonía. Centro de Investigación y Desarrollo de la Cultura Cubana Juan Marinello. Cátedra de Estudios Antonio Gramsci. La Habana, 2002.

-        Modernidad, ateísmo y religión. Aula Fray Bartolomé de las Casas, Centro Cultural San Juan de Letrán, La Habana, 2004.

-        Traducir a Gramsci, Ed. Ciencias Sociales, La Habana, 2007 Así coma os seus artigos: 

-        ¿Qué marxismo está en crisis?,  Editora Ciencias Sociales, La Habana, 1991.

-        La democracia como autoconstrucción de los sujetos. Las funciones de la idea de sociedad civil en la teoría política marxista, Revista Recerca, Universitat Jaume 1, Castellón, 1997, nr. 1.

-        La confluencia que se frustró: psicoanálisis y bolchevismo, Revista Temas,  La Habana, nr. 14, 1998.

-        Recapitular la Cuba de los 90, en: Revista La Gaceta de Cuba, La Habana, nr. 3, mayo-junio del 2000.

-        Capitalismo y racionalidad: una reflexión sobre la deuda externa desde el pensamiento crítico, Revista Bajo el Volcán, Universidad de Puebla, México. Año 2, nr. 2, primer semestre del 2001.

-        Amor y poder, o la relación imposible. (Homenaje a Michel Foucault), Revista Temas, La Habana, nr. 35, octubre-diciembre 2003.  

Máis información e publicacións on-line en:  

http://www.filosofia.cu/site/filosofo.php?id=86&r=%2Fsite%2Ffilosofos.php 

Chuzame! chúzame -

Resumo da charla de Bermejo

Posted on marzo 4, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment

Non dispoñemos do audio da Charla-coloquio de José Carlos Bermejo, do pasado día 19 de febreiro. Pola súa contra a nosa compañeira Rosa, fixo unha análise persoal da mesma, unha pequena recensión que serve para ter unha idea de por onde foron os tiros, que cousas se dixeron, en cales se fixeron fincapé. Grazas, Rosa pola túa colaboración.

Resumo da charla-coloquio. 

Profundamente inquieto ante el progresivo fenecer de los valores que sustentan a la universidad moderna, el autor emprende un ágil recorrido histórico por los probables antecedentes y principios fundacionales de dicha institución, así como sus transformaciones más recientes. En tal empeño, ilustra la complicada conjunción de  factores como la producción de conocimientos, la riqueza y el poder político, así como su peso específico en la conformación, prestigio y reconocimiento de una figura social con funciones específicas dentro de distintas civilizaciones y sistemas sociales. En este sentido, reflexiona sobre el rol de especialistas, religiosos, artesanos, filósofos y/o teólogos hasta llegar a la moderna  concepción profesor universitario y del intelectual con distintos grados de de posicionamiento y compromiso político. Concretamente, sobre estos últimos  valora la importancia de los cambios en las organizaciones académicas  y las tensiones en que deben dirimir su frágil autonomía.

Especial atención reserva a las implicaciones que ha tenido la reciente fusión de lo empresarial y lo científico, fenómenos denominados como la ciencia postacadémica o tecnociencia, cuyas manifestaciones más preocupantes considera: 1) La pérdida de la centralidad de la universidad como instancia investigativa y 2) el creciente peso que adquieren la eficacia y la rentabilidad como criterios estructuradores de la producción de conocimientos y del prestigio intelectual. Respecto a lo anterior, afirma que relegar el valor intrínseco del conocimiento equivale a socavar uno de los fundamentos que hizo posible la aparición de la universidad moderna así como el consiguiente espacio de libertad que ello le supone a los profesores. Igualmente, analiza el impacto negativo de estos procesos  no sólo a nivel del interés público o general sino especialmente en el desempeño de los académicos de Humanidades y Ciencias Sociales que dada su imposibilidad de generar  un conocimiento tecnológico eficaz, buscan pseudos soluciones en travestirse como empresarios de la industria del entretenimiento, el turismo, la publicidad, y contribuir en definitiva a la tribialización consumista de la cultura. Ante ese panorama concluye con un llamado a reivindicar la dignidad de los intelectuales y la misión de la universidad en función de las condiciones mismas que les ha propiciado la modernidad, o mejor, sus visos democratizadores.

Chuzame! chúzame -

CHARLA-COLOQUIO DE JOSÉ CARLOS BERMEJO BARRERA

Posted on febreiro 10, 2008 - Filed Under Actividades, I Encontro | 1 Comment

I Encontro Compostelán de Pensamento Crítico 2008 

José Carlos Bermejo Barrera é Catedrático de Historia Antigua en la Universidad de Santiago de Compostela, onde imparte as asignaturas Métodos e tecnicas de investigación histórica I, Tendencias historiográficas actuais I e Investigación básica na historia de Grecia.

É autor de numerosos artigos e libros, entre os que destacamos:
La sociedad en la Galicia Castreña, Santiago de Compostela, Follas Novas, 1978
Introducción a la Sociología del Mito Griego, Ediciones Akal, Madrid, 1979
Mito y parentesco en la Grecia Arcaica, Editorial Akal, Madrid, 1980
Galicia y los Griegos, Sálvora: Santiago de Compostela, 1982
Psicoanálise do coñecemento histórico, Edicións do Castro: Sada-A Coruña, 1982
O Final da Historia: Ensaio de Historia Teórica, Edicións Xerais de Galicia: Vigo, 1986
El Mito griego y sus interpretaciones, Ediciones Akal, Madrid, 1988
Fundamentación lógica de la historia. Introducción a la historia teórica, Ediciones Akal, Madrid, 1991
Entre historia y filosofía, Ediciones Akal, Madrid, 1994.
Pensa-la Historia. Ensaios de Historia Teórica, Edicions Ir-Indo,Vigo,2000
Sobre la Historia considerada como poesía, Ediciones Akal, Madrid 2005
Ciencia, Ideología y Mercado, Ediciones Akal, Madrid 2006
Moscas en una botella: cómo dominar a la gente con palabras,Ediciones Akal, Madrid 2007
La Aurora de los enanos: decadencia y caída de las universidades europeas, Ediciones FOCA, Madrid 2007
¿Para que serve a Historio de Galicia?, Lóstrego, Santiago 2007

O martes 19 de febreiro dará unha charla baixo o título A traición dos profesores e a perda de dignidade académica, onde fará unha análise dos cambios producidos no ámbito da universidade europea e sinalará as causas da súa decadencia.

Chuzame! chúzame -

CHARLA O QUERER VIVIR COMO DESAFÍO EN .DOC

Posted on xaneiro 31, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment

O prometido é deuda. Xa está feita a transcrición da conferencia do pasado 16 de xaneiro, O querer vivir como desafío, que deu o profesor Santiago López Petit. Podédela descargar aquí, en .doc.

Chuzame! chúzame -

MARTES 19 DE FEBREIRO

Posted on xaneiro 27, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment

O martes día 19 de febreiro, terá lugar a segunda charla-coloquio do I Encontro de Pensamento Crítico de Compostela, a cargo do profesor da Facultade de Historia José Carlos Bermejo Barrera. O título da súa charla será La traición de los profesores y la pérdida de la dignidad académica.
bermejo1.jpg
Aquí tendes a súa charla en formato word para que lle poidades botar un ollo.

Chuzame! chúzame -

ACTAS DA CHARLA-COLOQUIO: O QUERER VIVIR COMO DESAFÍO

Posted on xaneiro 23, 2008 - Filed Under Actividades, I Encontro | Leave a Comment

Se de alguén nos pedise que, nunha palabra, se resumise a primeira xornada do I Encontro Compostelán de Pensamento Crítico, esta podería ser: éxito. Pola afluencia de xente (ao redor de sesenta personas) que nos fixo mudarnos da Sala de Xuntas a unha clase; pola interesantísima charla do noso convidado de luxo: Santiago López Petit; polo debate que se abriu á luz da mesma. Os esforzos levados a cabo pola organización do I Encontro foron pois satisfeitos en todos os sentidos.
Aquí ofrecémosvos a charla completa en audio (a calidade de son non é excesivamente boa). En breve trataremos de facer a transcripción para que a poidades descargar desde este mesmo blogue.

Grazas a todos os que nos déchedes o voso apoio incondicional. E, especialmente a Santiago pola súa amabilidade de facernos esta visita que quedará no noso recordo por longo tempo.

Recórdovos que a vindeira xornada deste Encontro terá lugar o día 19 de febreiro ás 17h, na facultade de filosofía, a cargo do profesor da Facultade de Historia José Carlos Bermejo. En breve colgaremos a súa comunicación.

i-encontro-compostelan-de-pensamento-critico-slpetit.jpg 

 

Charla-coloquio O querer vivir como desafío (16-01-08)

Aula 1 Facultade de Filosofía da USC

 

Chuzame! chúzame -
keep looking »