MARTES 19 DE FEBREIRO

Posted on xaneiro 27, 2008 - Filed Under I Encontro | Leave a Comment

O martes día 19 de febreiro, terá lugar a segunda charla-coloquio do I Encontro de Pensamento Crítico de Compostela, a cargo do profesor da Facultade de Historia José Carlos Bermejo Barrera. O título da súa charla será La traición de los profesores y la pérdida de la dignidad académica.
bermejo1.jpg
Aquí tendes a súa charla en formato word para que lle poidades botar un ollo.

Chuzame! chuzame -

ACTAS DA CHARLA-COLOQUIO: O QUERER VIVIR COMO DESAFÍO

Posted on xaneiro 23, 2008 - Filed Under Actividades, I Encontro | Leave a Comment

Se de alguén nos pedise que, nunha palabra, se resumise a primeira xornada do I Encontro Compostelán de Pensamento Crítico, esta podería ser: éxito. Pola afluencia de xente (ao redor de sesenta personas) que nos fixo mudarnos da Sala de Xuntas a unha clase; pola interesantísima charla do noso convidado de luxo: Santiago López Petit; polo debate que se abriu á luz da mesma. Os esforzos levados a cabo pola organización do I Encontro foron pois satisfeitos en todos os sentidos.
Aquí ofrecémosvos a charla completa en audio (a calidade de son non é excesivamente boa). En breve trataremos de facer a transcripción para que a poidades descargar desde este mesmo blogue.

Grazas a todos os que nos déchedes o voso apoio incondicional. E, especialmente a Santiago pola súa amabilidade de facernos esta visita que quedará no noso recordo por longo tempo.

Recórdovos que a vindeira xornada deste Encontro terá lugar o día 19 de febreiro ás 17h, na facultade de filosofía, a cargo do profesor da Facultade de Historia José Carlos Bermejo. En breve colgaremos a súa comunicación.

i-encontro-compostelan-de-pensamento-critico-slpetit.jpg 

 

Charla-coloquio O querer vivir como desafío (16-01-08)

Aula 1 Facultade de Filosofía da USC

 

Chuzame! chuzame -

MÉRCORES 16 DE XANEIRO

Posted on xaneiro 11, 2008 - Filed Under Actividades, I Encontro | 1 Comment

O vindeiro mércores, día16 terá lugar a charla-coloquio O querer vivir como desafío a cargo de Santiago López Petit, ás 18h na Facultade de Filosofía da USC.?

Chuzame! chuzame -

TEXTOS NA REDE DE SANTIAGO LÓPEZ PETIT

Posted on xaneiro 1, 2008 - Filed Under Actividades, I Encontro | Leave a Comment

Preparando a visita de Santiago López Petit pensamos que nada millor que ter un primeiro acercamento ao autor a través dos seus textos.

Aquí recollénse tres artigos de Santiago López Petit que atopamos na rede, por ende, de balde.

-Algunas reflexiones muy provisionales sobre la precariedad.

-No hay sino respuestas a respuestas (con Marina Garcés).

-La subversión del Estado-guerra.

Na biblioteca da Facultade de Filosofía da USC hai dous exemplares de Entre el ser y el poder: una apuesta por el querer vivir e un de Amar y pensar. El odio del querer vivir.

Recordade que teremos a oportunidade de falar con el o vindeiro 16 de xaneiro, ás 18h, na Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos).

Chuzame! chuzame -

I ENCONTRO COMPOSTELÁN DE PENSAMENTO CRÍTICO

Posted on decembro 25, 2007 - Filed Under Actividades, I Encontro | 2 Comments

Estamos a traballar nun encontro que comezará o mes de xaneiro coa visita a Compostela de Santiago López Petit, profesor da Universitade de Barcelona. A súa charla levará o título de O querer vivir como desafío. Nela fará un resume do seu pensamento ata o de agora e un adianto da súa publicación Será unha oportunidade para coñecer de preto a un dos pensadores máis relevantes do panorama filosófico actual.

S. López Petit é autor de varios libros: Entre el ser y el poder. Una apuesta por el querer vivir (Madrid, Siglo XXI, 1994); Horror vacui. La travesía de la noche del siglo?(Madrid, Siglo XXI, 1996); El infinito y la nada: el querer vivir como desafío?(Barcelona, Bellaterra, 2003); El estado-guerra (Hondarribia, Argitaletxe Hiru, 2003) e Amar y pensar. El odio de querer vivir?(Barcelona, Bellaterra, 2005).Esta charla-coloquio terá lugar en Compostela o día 16 de xaneiro de 2008, ás 18h na Facultade de Filosofía (Mazarelos).

Chuzame! chuzame -

O QUE LEVAMOS FEITO ESTE CURSO…

Posted on decembro 24, 2007 - Filed Under Actividades | 1 Comment

Cine e Sociedade: O taxista ful

O pasado Mércores 12 de decembro proxectouse no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, a película O taxista ful (2005). Despois fíxose un debate sobre a mesma. Aquí tendes o trailer:

O día 4 de decembro tivo lugar na facultade de filosofía a charla-coloquio: Pensamento e sociedade na Teoría Crítica.Nesta sesiíon discutiuse o problemático papel das categorías de pensamento da tradición moderna; en canto necesarios puntos de apoio para a crítica social e, á vez, insertas en función de ideoloxías que contribúen á reproducción da orde dada, e polo tanto da dominación. Reflexionouse sobre a relectura da filosofía de Marx levada a cabo pola Escola de Frankfurt, atendendo a se aporta unha base adecuada para a reconceptualización e a transformación da sociedade.

O mércores 14 de novembro organizouse a charla-coloquio: Liberalismo político, feminismo e transformación social

Nesta sesión abordouse a reflexión entorno á construcción social da identidade de xénero e da diferencia sexual, as formas de opresión que fai recaer sobre as mulleres, as constricciíons que impón sobre todos os individuos no seu proceso permanente de socialización o seu vencello coa perpetuación da estructura social. No diálogo tratouse asímesmo a aportación da conceptualización liberal e das deficiencias en canto ofrecer unha crítica radical dos sistemas de dominación existentes e polo tanto unha vía de acción transformadora. Esta xornada contou coa colaboración de María Xosé Agra, profesora da Facultade de Filosofía da USC e autora de diversos textos sobre teoría política e feminismo.

Chuzame! chuzame -

O QUE LEVAMOS FEITO DURANTE ESTES DOUS ANOS…

Posted on decembro 23, 2007 - Filed Under Actividades | Leave a Comment

Ao longo dos dous últimos anos algúns dos invitados que acudiron a realizar unha ou máis dunha sesión no Seminario, foron:

Xoan-Luis Pintos, profesor catedrático da Facultade de Ciencias Políticas da USC, baixo o título “Saber, poder e outros imaxinarios” inspirado na teoría sistémica de Niklas Luhmman, e outra sesión sobre “Actualidade da Escola de Frankfurt”;

Enrique Carretero, profesor de secundaria, na sesión “O pensamento sociolóxico de Maffesolí”, expoñendo o contido do seu libro de recente publicación sobre o sociólogo francés;

Teresa Moure, profesora catedrática na facultade de Filoloxía da USC, co tema “Feminismo, linguaxe e crítica da sociedade”;

Luis García Soto, profesor catedrático e decano da Facultade de Filosofía da USC abordando o tema do seu libro “Paz, guerra e violencia”, no que aborda exhaustivamente o tema da violencia, especialmente poñéndoo en relación co concepto de estructura;

Rafael Martínez, profesor catedrático da Facultad de Filosofía da USC, nunha sesión
sobre “Feminismo e Ilustración” na que expuso a súa concepción do feminismo como radicalización do pensamiento ilustrado;

Manuel Outeiriño, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, cunha sesión sobre “A construcción da realidade polos medios de comunicación”, e outra co título “Movilización de masas”, na que expuso a súa teoría aparecida recientemente en varias publicacións sobre o nacionalismo banal;

Jorge Álvarez Yagüez, profesor de ensinanza secundaria, que baixo o título “Conexiones entre Foucault e a Escola de Frankfurt” tratou de temas sobre os que ten numerosas publicacións;

Carlos Allones, profesor da Facultade de Ciencias Políticas da USC (e membro do Seminario), “Sobre a teoría da plusvalía de Marx”, sesión na que explicou os elementos principais desa teoría e defendeu a súa vixencia.

Julio Monteverde e Eugenio Castro, membros do Grupo Surrealista de Madrid, cunha sesión sobre "Muller e Surrealismo", na que se analizou o protagonismo da muller no movemento de vangarda.

Chuzame! chuzame - « go back